Skip to Content

Complementarias

PREPARATIVOS NA FESTA DE SAMAÍN

A semana do Samaín deu para moito...xogar, traballar e disfrutar van collidos da man o que nos permitiu facer un montón de actividades...

Traballamos e preparamos o conto de " A casa encantada"

 
 

 


Todas as aulas participaron e elaboraron tanto a casa como as distintas dependencias que aparecen no conto ( cociña, habitación e salón) así como os distintos protagonistas: morcegos, pantasmas, arañas, o gato negro...




 





 


E ademais estivemos ensaiando a canción "No Samaín" do disco Brinca vai de Paco Nogueiras.

 
 

 

Estamos preparando un vídeo con fotos de todo o proceso así que pronto teredes noticias!!!
Para este vídeo imos usar a canción "No Samaín" e para iso solicitamos a autorización.


 
 



 



E aquí está...

VISITA DOS AMIGOS DE ARDAI E DA TVG

O vernes pola mañá estiveron no cole os amigos de Ardai terapia para presentar a actividade de terapia que durante este curso se vai seguir levando a cabo no centro. Para elo viñeron acompañados de Area, Seven e Gus que estiveron co alumnado recordando e facendo memoria do curso pasado. 

Como novidade, este curso adaptouse unha aula para levar a cabo as terapias e quedou moi bonita!!!

Para deixar proba desta presentación estivo a televisión de galicia gravando en directo e no seguinte enlace podedes acceder á noticia, pinchando para abrir nunha nova xanela e logo seleccionando os minutos: 1.25 e 30.30.

Ollade estas fotos para ver canto disfrutaron os nosos rapaces e rapazas...moitas gracias e ata pronto!!!
 



PROGRAMA DO FESTIVAL DE NADAL

No CEE Miño hoxe coñeza unha semana de moita emoción xa que toda a comunidade educativa está a traballar arreo nos preparativos do festival, que se celebrará o vindeiro venres como remate de trimestre e comezo das festas do Nadal.

Aquí vos amosamos o programa do festival que nos deixaron Perico e Piruleta.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut