Skip to Content

Actividades

SAÍDA AO AUDITORIO: FEO

 

Hoxe tocou saída ao auditorio para ver a obra FEO, un espectáculo de Caramuxo Teatro inspirado no Parrulo Feo de Hans Cristhian Andersen.

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Nesta entrada web queremos compartir con todos vós que actividades fixemos no colexio para conmemorar o Día das Letras Galegas:

O alumnado do terceiro nivel púxolle voz e adaptamos con pictogramas o conto de O CEGO DE PUMARDEDÓN.

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 19 DE MAIO 2023

Se precisas imprimir o programa preme no documento adxunto

2º CONVIVENCIA CEE MIÑO-CEE INFANTA ELENA

O pasado xoves o alumnado do noso cole xunto cos compañeiros e compañeiras do CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos compartimos unha estupenda xornada de convivencia.Organizaronse distintos xogos tradicionais así como por un partido de fútbol no campo do CD Velle. Recuperamos enerxías comendo todos xuntos e botando unhas risas.

Moitas  grazas aos que fixestes posible esta actividade.

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES 2023

 

O pasado xoves comezamos coas actividades relacionadas co Día do Libro. Neste caso, o alumnado do PFB por parellas ou ben de xeito individual, foi pasando polas distintas aulas exercendo de madriñas e padriños lectores para agasallar aos seus compañeiros e compañeiras con distintas lecturas.

Calquera momento e espazo é  estupendo para gozar dunha bonita historia.

NO INVERNO ROUPA NOVA PARA PERICO

Durante o segundo trimestre estivemos  traballando neste fermoso proxecto.

Collemos a letra da canción popular A saia da Carolina e versionámola, do mismo xeito fixemos  coa música, instrumentos e voces que aparecen.

Distribuir contido


by Dr. Radut