Skip to Content

Actividades

NADAL NO CAMIÑO

Bo día Familias. 

Seguimos traballando o nadal cos rapaces e rapazas do cole. Elaboramos unha panxoliña entre varios mestres e alumnos. Esperamos que vos guste.

 

BO NADAL¡¡¡¡

PROGRAMA NADAL

Ben queridas familias, achégase o Nadal, momento de saídas, risas e tempo cos nosos. 

Deixámosvos o programa de NADAL do concello para que teñades toda a información das actividades programadas para estas datas.

Preme aquí.

 

BAIXO O MESMO PARAUGAS. CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O pasado venres, día 2 de  decembro adiantámonos un pouco para conmemorar no centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Contamos coa colaboración da profe Vane, que estivo o curso pasado no cole, para facer a presentación e levar o fío condutor da sesión que se levou a cabo no auditorio do cole despois do recreo e durou ata a hora de comer.

DÍA DA DISCAPACIDADE

3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE

"As dificultades preparan a persoas comúns para destinos ectraordinarios".

MAGOSTO COMPARTIDO

O pasado mércores día 30 de novembro fixemos unha visita moi especial ao CEE Infanta Elena de Monforte.

Unha xornada chea de encontros, reencontros e moitas emocións. Mirade...

SÓ XAMPATITO PATO

Hoxe pola mañá fixemos unha pequena saída ata o auditorio de Ourense para ver o espectáculo de circo-teatro "SÓ" de XAMPATITO PATO. Os nen@s agardaban con moita ilusión a chegada deste día..., ir en autobús todos xuntos e desfrutar dunha mañá diferente e divertida.

Distribuir contido


by Dr. Radut