Skip to Content

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Nesta entrada web queremos compartir con todos vós que actividades fixemos no colexio para conmemorar o Día das Letras Galegas:

O alumnado do terceiro nivel púxolle voz e adaptamos con pictogramas o conto de O CEGO DE PUMARDEDÓN.

 

Este é o resultado do collague colectivo que se fixo durante a semana pasada nas distintas aulas.

Así ve o noso alumnado a Francisco Fernández del Riego.

O  venres foi o día que escollemos para desenvolver as outras actividades programadas: 

No auditorio, a partir das 10:30 foron baixando os distintos niveis á actividade do taller sensorial distribuido en 5 espazos de aprendizaxe.

 

 

Xa no patio, Perico (profe Xabi) e as dúas galeguiñas (profes Erica e Clara) narraron e escenificaron o conto que se traballara con anterioridade O Cego de Pumardedón.

Como non podía faltar a música, o baile e a festa Juanjo encargouse de que escoitaramos a cantiga popular A MIÑA BURRIÑA, que por certo, era do agrado do autor homenaxeado.

 

 



blog | by Dr. Radut