Formación de profesorado do CEE María Mariño

28/01/2024 23:18

- A biblioteca do CEE María Mariño foi escenario esta semana de dúas iniciativas formativas para o noso profesorado. O pasado martes a nosa compañeira coordinadora do curso Polos creativos, Lucía Álvarez, impartiu unha charla introdutora ao citado curso presentando material didáctico de interese para o noso traballo docente.

- Celebramos tamén na biblioteca a primeira reunión do Curso de multiplicación de especies vexetais, na que participamos a coordinadora do CFR de A Coruña e cinco profesores da especialidade de Xardinería e Viveirismo, do CEE Terra de Ferrol, do CPI Alcalde Xosé Pichel e do CEE María Mariño. O noso obxectivo é perfeccionar os nosos coñecementos sobre técnicas de propagación (esgallado en coníferas e frondosas, fieitos arborescentes e autóctonos, musgos...) e demostrar que o noso alumnado pode intervir nos procesos produtivos dos viveiros.

 

- Temos en marcha no CEE María Mariño máis iniciativas formativas (Estimulación multisensorial, Linguaxe natural asistido e CAA...) para seguir mellorando no que máis nos gusta facer...