Esquema de temas
Xeral
Neste curso recóllense todos os materiais e recursos do Programa Aliméntate ben na modalidade Xermolón na edición 2017-18.
Logo da primeira sesión presencial do pasado 26 de xaneiro a cargo de Dna. Ana Mª Martínez Lorente (Técnico responsable do Servizo estilos de vida saudables e educación para a saúde da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia - email: ana.maria.martinez.lorente@sergas.es), inclúese agora a información precisa para levar a cabo o traballo no Programa.
En relación ó comentado na sesión presencial, sinalar que xa está en marcha a organización do "Congreso escolar Aliméntate ben 2018" (Resolución da Convocatoria) destinado a alumnado e centros de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional. Dado o interese amosado, indicarvos que podedes contactar para esta cuestión con Ana Mª Martínez Lorente ou con calquera das persoas que se indican no Portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Presentación e consellos para poñer en marcha o Xermolón
Achegámosnos ao Proxecto cunha explicación básica sobre o que debe ser e uns consellos para poñelo en marcha no centro educativo.
Avaliando os menús escolares
Axuda e consellos para programar e valorar os menús escolares.
Aula Xermolón: informándonos de novo
Recóllese neste apartado a presentación empregada por Dna. Ana Mª Martínez Lorente na sesión presencial do pasado día 26 de xaneiro. Inclúense tamén criterios para valorar outros tipos de oferta alimentaria.
Outros documentos de interese