Saltar navegación

Usuarios configurados e políticas de usuarios

Na configuración do sistema operativo dos equipos, existe un usuario a disposición do persoal docente e outro a disposición dos alumnos e un usuario TIC a disposición da Consellería.
Na configuración dos portátiles da aula estará dispoñible o usuario xenérico coa contausuarios de “Profesor” e contrasinal “profesor”, e no caso dos ultraportátiles, o usuario xenérico para o alumno será: conta “Alumno” contrasinal “alumno”.

Tanto no caso dos portátiles de aula como no caso dos miniportátiles dos alumnos, as contas de usuarios xenéricos ”Profesor” e ”Alumno” son contas con permisos limitados polo que non poderá realizar as seguintes accións:
  • Modificacións no sistema.
  • Modificar menús.
  • Cambiar o fondo de escritorio.
  • Instalar ou desinstalar programas.
  • Etc.

O sistema de control de sesións (Pantalla de Login) centralízase na aplicación Lightdm

A devandita pantalla permitirá as seguintes accións:

  • Dar acceso á sesión. Só existe un usuario, denominado usuario
  • Cambiar o xestor de ventás, neste caso só encóntrase dispoñible o Xfce
  • Bloquear o equipo de xeito xenérico. Datos usuario/usuario.
Cando se inicia o equipo non pide clave polo que se poden dar casos nos que a xente as esqueza, é importante lembralas. En ningún caso os usuarios poderán modificar ditos contrasinais.