Saltar navegación

Centro de software Abalar

Dispoñemos da aplicación Centro Software Abalar accesible dende o menú Sistema. Esta aplicación pretende dar a oportunidade aos docentes de orientar ou seleccionar de xeito individual, dentro do repertorio de aplicacións dispoñibles en abalar, que aplicacións desexa que se mostre nos menús de aplicacións. Isto non significa que instalar ou desinstalar as aplicacións, tan só encárgase de ocultar ou mostrar as iconas destas, permitindo restaurar todas as iconas cun só click.
Existen tres configuracións predefinidas:

  • Primaria
  • Secundaria
  • Todas ás aplicacións

Esta categorización é revisable e modificable.
Por outra parte existe a posibilidade de Exportar unha configuración específica e importala noutro equipo abalar, con iso dáse a posibilidade para que un docente cree unha configuración que se axusta ás súas necesidades e importala nos equipos dos alumnos mediante a opción
Importar.