A carpeta persoal
A carpeta persoal do profesor disporá dunha subcarpeta chamada “Documentos” onde se poden gardar os arquivos que o usuario considere, crear outras subcarpetas, organizar a información, etc.
Como se accede á Carpeta Persoal?
Accedendo ao apartado “Ficheiros e Cartafoles”.
IMPORTANTE: É necesario facer sempre unha copia de seguridade da carpeta persoal, ou da carpeta onde garden todos os documentos, xa que ante un erro do equipo, procederase á restauración do mesmo coa consecuente eliminación da información do disco duro e polo tanto, á perda de todos os documentos do usuario.