Saltar navegación

Configuración do escritorio.

O escritorio

Os portátiles das aulas abalar son equipos de uso compartido por varios profesores. Por esta razón, inicialmente ven deshabilitada a opción de gardar arquivos ou de amosar/ocultar iconas no escritorio, xa que existe unha tendencia xeneralizada de empregar o escritorio como caixón de sastre para almacenar información de forma desordenada e confusa.

Se a pesar de todo, desexamos personalizar o escritorio no equipo, debemos situarnos sobre un lugar calquera do escritorio, pulsar botón dereito e elixir a opción "Configuración do escritorio"

Habilitar o escritorio para amosar as iconas da carpeta persoal de usuario, o sistema de ficheiros, a papelera do lixo, ou os dispositivos extraíbles conectados ao equipo

Cambiar o fondo de pantalla