Usuarios configurados e políticas de usuarios
Na configuración do sistema operativo dos equipos, existe un usuario a disposición do persoal docente e outro a disposición dos alumnos e un usuario TIC a disposición da Consellería.
Na configuración dos portátiles da aula estará dispoñible o usuario xenérico coa conta de “Profesor” e contrasinal “profesor”, e no caso dos ultraportátiles, o usuario xenérico para o alumno será: conta “Alumno” contrasinal “alumno”.
Tanto no caso dos portátiles de aula como no caso dos miniportátiles dos alumnos, as contas de usuarios xenéricos ”Profesor” e ”Alumno” son contas con permisos limitados polo que non poderá realizar as seguintes accións:
- Modificacións no sistema.
- Modificar menús.
- Cambiar o fondo de escritorio.
- Instalar ou desinstalar programas.
- Etc.
O sistema de control de sesións (Pantalla de Login) centralízase na aplicación Lightdm
A devandita pantalla permitirá as seguintes accións:
- Dar acceso á sesión. Só existe un usuario, denominado usuario
- Cambiar o xestor de ventás, neste caso só encóntrase dispoñible o Xfce
- Bloquear o equipo de xeito xenérico. Datos usuario/usuario.