Saltar navegación

Xustificación do proxecto Debian

No marco do proxecto Abalar, os portátiles de aula e os ultraportátiles de alumnos distribúense cunha maqueta (sistema operativo + aplicacións instaladas) plenamente funcional e con administración centralizada.  

Esta situación presenta as seguintes vantaxes:

  • Uniformidade da maqueta en todas as aulas de todos os centros educativos públicos de Galicia desde 5º de primaria ata 2º de bacharelato.
  • Posibilidade  de dispor da mesma maqueta en todo o equipamento corporativo distribuído nos últimos quince anos pola AMTEGA ( antigamente  Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), o que permitirá universalizar o software de todo o equipamento corporativo. A imaxe desta maqueta está dispoñíble na aula aberta abalar, baixo o epígrafe . Abalar Libre (Imaxe do SO e documentación para a súa instalación)
  • Esta situación presenta, entre outras, as seguintes vantaxes adicionais:
    • Desaparición da problemática das licenzas para os sistemas operativos e aplicacións ao tratarse de software libre e gratuíto.
    • Eliminación dos problemas causados por virus informáticos e malware de Windows.
    • Maior robustez do sistema operativo, o que facilitará o mantemento do mesmo.

No seguinte enlace pódese consultar a lista do software instalado na maqueta dos equipos.