Saltar navegación

Cal é a ip do equipo e a versión da maquerta abalar

Para saber que ip temos no noso equipo de profesor, temos diferentes formas:

1.- Accedendo a Sistema >acerca da maqueta Abalar aparecerá un cadro de diálogo coa información referente ao equipo. Esta opción además da ip do equipo nos mostra a versión da maqueta instalda así como a data da última actualización.

Acerca da maqueta abalar

2.- Premendo sobre a icona de conexións co botón dereito e elixindo Información da conexión

Información sobre as conexiónsinformación sobre as conexións

3.- Dende o Emulador Terminal abrindo o menú de aplicativos e tecleando a seguinte orde /sbin/ifconfig devolverá a información da conexión.

Terminal