Saltar navegación

O sistema de ficheiros

O sistema de ficheiros e cartafoles.

A organización dos directorios en Linux ten unha estrutura xerárquica en forma de árbore, a partir dun directorio principal ou raíz (/) .

sistema-ficheiros

Esta estrutura é radicalmente diferente á empregada en sistemas operativos Windows, onde a cada unidade ou partición se lle asigna unha letra do alfabeto. Así, a partición na que se instala o sistema operativo recibe o nome de "C",  o CD/DVD normalmente "D", e as demais particións ou dispositivos de almacenamento extraíbles "E", "F", "G"...

Para o que nos interesa neste momento, os directorios máis importantes son os seguintes:

  • /media: Directorio que contén os puntos de montaxe dos medios extraíbles de almacenamento, tales como Pendrives (memorias USB), lectores DVD/CD-ROM ou outras particións do disco duro. Así pois, os nosos pendrives serán accesibles por medio deste directorio.
  • /home: Directorio que contén os arquivos persoais de cada usuario (documentos, música, vídeos, Descargas, Escritorio, etc), de xeito similar a "Os meus Documentos" de Windows. Tamén contén os ficheiros de configuración para cada usuario. Moitos destes ficheiros de configuración son ocultos, e o seu nome comeza por un punto "."

No caso do proxecto Aulas Dixitais, e dado que o usuario por defecto é "usuario", o directorio de traballo é "/home/usuario".

Así pois, toda a información que un usuario de Aulas Dixitais poida gardar no disco duro do equipo almacenarase neste directorio. Nel, o usuario "usuario" pode crear, borrar ou renomear carpetas e arquivos. Pola mesma razón, cando queira gardar un determinado arquivo só poderá facelo na ruta indicada. Isto supón unha diferencia substancial con Windows, no que os usuarios poden gardar arquivos en practicamente calquera directorio do disco duro, cos conseguintes riscos de borrado ou renomeado de arquivos de sistema.

Gardar un arquivo calquera nun pendrive.

Comprimir e descomprimir ficheiros