Saltar navegación

Soporte, configuración e actualización do sistema

Para dar soporte, configurar e actualizar o portátil da aula e o resto do equipamento abalar (ultraportátiles de alumnos e servidor do centro) os centros educativos públicos están dotados dun sistema de xestión centralizada chamado Puppet. Este sistema acompáñase cun completo conxunto de opcións de restauración que permite retornar un equipo ao seu estado inicial en calquera momento.

Como funciona este sistema?

Cada certo tempo os equipos conéctanse ao servidor do centro e compróbase se hai actualizacións pendentes. O proceso é automático e transparente para o usuario e non require da súa intervención. Ademais introdúcese un valor aleatorio de xeito que os equipos non se actualizan todos ao mesmo tempo para non interferir no normal funcionamento da aula.

Para maior información sobre o funcionamento de puppet acceder a: http://www.puppetlabs.com/