Saltar la navegación

Restauración/ clonación. ( Recomendado)

Co ordenador apagado conectar o cable de rede por un extremo ao ordenador que se quere clonar e polo outro no porto nº 7 do Switch Abalar (Nos Centros queda un cable de rede de cor amarela xa conectado ao switch para facer esta función).
swich ablar
Cando se prende o ordenador, á BIOS (Sistema Básico de Entrada e Saída) busca un dispositivo que conteña un sistema operativo para arrancalo. (normalmente o atopa no disco duro local).

Esta procura faise nunha determinada orde, establecida na propia BIOS. O ordenador arrancará co primeiro sistema operativo atopado.

Para que o equipo arranque co sistema operativo dun dispositivo concreto, temos dúas opcións:

  1. Abrir un menú que nos permite seleccionar un dispositivo concreto para o arranque.
  2. Alterar a orde de procura da BIOS. No equipamento Abalar utilizaremos normalmente a primeira opción.

Opción 1. Seleccionar un dispositivo concreto para o arranque.

Ao prender ou reiniciar o equipo teremos que pulsar unha tecla determinada que sairá indicada na pantalla do ordenador aos poucos segundos de prendelo. Esta tecla adoita ser "F11" ou "F12" aínda que pode variar segundo a marca e modelo do equipo.

Este menú ten un aspecto similar ao seguinte, no que seleccionaremos a opción desexada e pulsaremos a tecla Enter.

Boot Menu

1. HDD:...

2. USB:...

3. LAN:...

<Enter setup>

Opción 2. Alterar a orde de busca na BIOS

Ao prender ou reiniciar o ordenador temos a posibilidade de entrar na BIOS pulsando unha tecla determinada que sae indicada na pantalla poucos segundos despois de prender o equipo.

Esta tecla adoita ser "Supr" ou "F2" aínda que pode variar segundo a marca e modelo do equipo.

A pantalla da BIOS na que modificar a orde de arranque terá un aspecto similar ao seguinte:

BIOS Boot