Saltar la navegación

Maqueta abalar

Que é unha imaxe ou maqueta?

Unha imaxe ou maqueta dun ordenador en xeral é unha copia do contido do disco duro.

A partir do curso 2015-2016 despregouse no equipamento abalar unha nova versión do sistema operativo: ( "Maqueta abalar 5.0" ).

Durante o primeiro trimestre do 2016-2017, os equipos recibiron unha actualización a través da wifi que cambiou o entorno de escritorio. ( "Maqueta abalar 5.2")

Desde comenzos do curso 2017-2018 temos dispoñible no servidor abalar a "Maqueta abalar 6"

Esta maqueta nova encóntrase construída a partir dun sistema

                                            GNU/Linux distribución Debian 8.7 Codename JessieDebian Jessie

  • Versión LTS [2] con mantemento
  • Asegura unha continuidade no proxecto
  • Mellora o mantemento                                                      

Construída sobre un kernel estándar de kernel.org, versión 4.9.0-0-686-pae. . Manter o kernel liberado por Debian, sobre o último dispoñible ten as seguintes vantaxes :

  • Estabilidade no núcleo do sistema
  • Compatibilidade co hardware do proxecto, xa que foi testeado co devandito kernel

 Que é restaurar unha imaxe ou maqueta?

Consiste en gravar una imaxe u maqueta sobre o disco duro completo do ordenador ou sobre algunha das súas particións, en poucos minutos e de xeito sinxelo. Deste xeito o PC queda configurado tal e como se elaborou a imaxe ou maqueta orixinal. Bórranse todos os documentos dos usuarios así como as súas carpetas.

 Que utilidade ten?

Este procedemento utilízase principalmente nos seguintes casos:

Para o despregue dunha instalación e configuración concreta sobre un parque de ordenadores (por exemplo os ordenadores Abalar)

Para recuperar o estado inicial nun ordenador que deixou de funcionar correctamente por modificacións na súa configuración ou pola perda ou corrupción de ficheiros.