Saltar la navegación

GPXE dende o GRUB

Utilizaremos este método para restaurar os netbooks do alumnado (tamén podemos restaurar por gpxe os portátiles da aula)

Para este método precisamos:

  • Ter a imaxe a restaurar no servidor CED.
  • Un cable de rede.

Pasos a seguir:

Paso 1: Co ordenador apagado conectar o cable de rede por un extremo ao ordenador que se quere clonar e polo outro no porto nº 7 do Switch Abalar (Nos Centros queda un cable de rede de cor amarela xa conectado ao switch para facer esta función).

Paso 2º: Para iniciar o método encendemos o ordenador de xeito que arranque normalmente dende o disco duro local, e esperamos a que saia a seguinte pantalla, momento no que pulsaremos a tecla de Escape para entrar no menú GRUB. A devandita pantalla será distinta en función das fases do sistema operativo que teñamos instalado no momento da execución, FaseIV ou FaseV.

 

Menú Grub cargando
     
  • No caso do Sistema Operativo correspondente a Fase IV aparece o seguinte menú Grub. Neste caso seleccionaremos a opción gPXE.
Menu Grub
       

 

Paso 3. Introducimos o usuario e a contrasinal para poder comenzar o proceso.

 

Grub login

Paso 4: Continuar co proceso indicado no apartado "Procedemento de clonación"

 

  • No caso do Sistema Operativo correspondente a Fase V aparece o seguinte menú Grub. Neste caso seleccionaremos a opción gPXE e continuaremos co proceso tal e como se indica no apartado "Procedemento de clonación" sin a necesidade de introducir o contrasinal.

menu_grub_V