Saltar la navegación

Necesidade dunha xestión centralizada do equipamento.

Situación anterior a abalar.

O modelo de soporte a centros que a Consellería de Educación viña  utilizando ata agora baseábase unicamente na restauración de equipamento. Ante unha incidencia na que un equipo deixaba de estar operativo, un técnico visitaba o centro e procedía a clonar o equipo coa súa imaxe orixinal. A diversidade no modelo de quipos imprime aquí a dificultade principal, xa que é necesario manter operativas tantas imaxes como modelos de equipamento hai nos centros educativos, sen a posibilidade de que unha única imaxe sexa válida para todo o equipamento.

O Proxecto Abalar dotou aos 430 centros públicos da rede abalar de mais de 50.000  equipos entre ultraportátiles e portátil de profesor.

O gran número de equipos que se poñen a disposición da comunidade educativa fai que sexa necesario desenvolver un novo modelo de soporte. Este modelo deberá

  • axilizar o proceso de restauración de equipamento ante problemas graves de funcionamento asociados a software, pero tamén
  • deberá dar resposta, a través das aplicacións instaladas nos equipos, ás necesidades educativas da comunidade; necesidades en constante evolución. Para isto necesitamos de unha configuración dinámica das maquetas de software.

A experiencia adquirida durante anos na propia Consellería de Educación dinos que é preciso liberar ó profesorado das labores de soporte de equipamento, xa que non dispoñen nin do tempo nin da capacidade técnica necesaria para resolver determinados problemas técnicos. É preciso que a relación que se estableza entre docente e tecnoloxía se sitúe no uso das ferramentas tecnolóxicas de cara a integración das TIC nas aulas, máis que en labores de mantemento. De este xeito situamos a responsabilidade do soporte dos equipamento Abalar na propia Amtega