Saltar la navegación

Actualizacións vía Wifi abalar.

Os equipos teñen instalada a versión dun sistema operativo e unha  paquetería consensuada e aprobada polo equipo técnico de Amtega.
A partir dese momento, sempre aparecen pequenas modificacións  que se deben instalar nos equipos . Estes pequenos cambios lévanse a cabo a través de actualizacións que o equipo recibe vía wifi abalar.

Esta xestión realízase coa ferramenta “puppet

O papel que cada nivel xoga na estrutura xeral é o seguinte:

  • Servidores corporativos situados nas dependencias da Consellería de Educación. Servidor central de “puppet”. Nel introdúcense as modificacións (clases) que, posteriormente e de xeito automatizado, serán enviadas ós servidores dos centros educativos.
  • Servidor de Centro Educativo Dixital situados en cada un dos centros educativos participantes no proxecto. Posúe as modificacións das clases que recibirán os equipos clientes unha vez vinculados.
  • Equipos clientes ultraportátiles e portátiles de profesor. De xeito aleatorio para non sobrecargar a rede de datos, comunícanse co Servidor CED e actualízanse de xeito automático. O proceso é transparente para o usuario.

Neste proceso cobra gran importancia a estrutura de asesoramento asociada ás posibilidades de uso das TIC que proporcionan as maquetas finais.

O sistema dos clientes

As maquetas de software están deseñadas para estar totalmente integradas na estrutura de xestión centralizada de software. A instalación realízase case por completo coa ferramenta “puppet”, o que permite ter o control total de tódolos paquetes que se instalan. Dispoñemos dunha orde de maquetas que facilitan o traballo de actualización do software.

Como funciona este sistema?

Cada certo tempo os equipos conéctanse ao servidor do centro e compróbase se hai actualizacións pendentes. O proceso é automático e transparente para o usuario e non require da súa intervención. Ademais introdúcese un valor aleatorio de xeito que os equipos non se actualizan todos ao mesmo tempo para non interferir no normal funcionamento da aula.

A primeira vez que un equipo (cliente Puppet) se conecta co seu servidor, este crea un vínculo entre o servidor e o cliente, por medio dunha clave e que lle serve a este para identificarse co servidor en adiante.
As sucesivas veces que o equipo se conecta co servidor Puppet, este o identifica e sabe que actualizacións lle faltan e entón procede a enviarllas.