×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Título node Learning object

"III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar" durante o curso 2012-2013
Ven, 26/10/2012 - 14:57
III Plan Director - Curso 2012-2013

O “III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar”, ao igual que en anos anteriores, ofrece aos centros educativos durante o curso 2012-2013 a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial desenvolvida nos centros.

Entre estas actuacións podemos destacar:

  • Acoso escolar
  • Consumo e tráfico de drogas
  • Actividade de grupos ou bandas violentas de carácter xuvenil
  • Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías
  • Violencia de xénero
  • Prevención de incendios
  • Outros...
  • Xornadas de portas abertas e exhibicións  

Estas actuacións poden ir dirixidas aos diferentes membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias).

Polo tanto e para facilitar a participación dos centros educativos, neste espazo poñemos á vosa disposición a seguinte documentación:

  • Carta do Delegado do Goberno en Galicia.
  • Solicitude para a intervención nos centros escolares (en galego)
  • Solicitude para a intervención nos centros escolares (en castelán)
  • Instrucións do procedemento para tramitar as solicitudes e a valoración (ante os tres organismos participantes)
  • Díptico do III Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar (Curso 2012-2013)

Ademais, poñemos á disposición dos centros participantes un formulario coa finalidade de recoller información e facer unha valoración da idoneidade e da utilidade da formación recibida no III Plan Director e achegar as aportacións e suxestión que consideren oportunas para a súa mellora.

  • Formulario de avaliación e mellora do III Plan Director.

Máis información: III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar