×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas de formación permanente en linguas estranxeiras en Canadá e Francia para o curso 2012/2013

Mér, 19/09/2012 - 15:10

Xúntase a proposta de resolución do 19 de setembro de 2012 pola que se fai pública a relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2012-2013 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, conforme ao baremo que figura no Anexo III da Orde do 27 de xuño de 2012 (DOG do 6 de xullo) e á resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.

Segundo o artigo 6.4 da citada orde, establécese un prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles reclamacións.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e renuncias por correo electrónico ao enderezo: asesoria.linguasestranxeiras@du.xunta.es ou por fax ao número 981.54.65.50. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío ou correo postal.

Menú Advertisement

Lingua estranxeira

Sen términos