Concurso de traslados

Adxudicación provisional do concurso específico entre funcionarios docentes do corpo de mestres para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos
Mar, 14/03/2017 - 09:00

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

De acordo co establecido na base décimo sexta, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoal que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

 O prazo para reclamacións e renuncias, é desde o día 15 ao 24 de marzo, ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos ós que alude a base vixésimo segunda, podendo envíalas, unha vez rexistradas, a:

Primaria: correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.es ou por fax: 981 545484.