Xornadas de información e orientación profesional 2018. Relatorios
O xoves 31 de maio, celebráronse no CIFP Compostela, en Santiago de Compostela, as Xornadas de información e orientación profesional 2018, dirixidas a profesionais da orientación dos centros educativos. Tratáronse temas de interese xeral dentro do ámbito do departamento de Orientación centrados sobre todo na inserción profesional, a mellora da empregabilidade do alumnado, o uso seguro e responsable das TIC, o acceso á formación profesional, ademais de outros núcleos temáticos enfocados a fornecer a competencia dos orientadores e das orientadoras dos centros educativos.
RELATORIOS
Acceda aos recursos das xornadas
Procedemento de admisión a ciclos formativos de formación profesional. Curso 2018-2019
Papel do departamento de Orientación nos distintos itinerarios formativo-profesionais
Inserción da muller no ámbito científico-técnico
Uso das TIC. Seguridade e privacidade na rede
Alumnado na etapa da formación profesional: un achegamento desde a Neurociencia Cognitiva
O novo rol do liderado. Emoxestión
ÁLBUM FOTOGRÁFICO