V Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, e que contan coa colaboración do Igape.
Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:
- Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
- Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica
- Iniciativas na área da xestión cultural
O premio en cada unha das modalidades será:
- Incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura
- Asesoramento personalizado durante ese tempo para contar con titorización ao longo do desenvolvemento do proxecto
- Premio en metálico de 2.000 euros
As solicitudes deben presentarse antes do 5 de outubro.
Etiquetas: