Proxecto mini empresas Lugo 2016-2017
O proxecto Mini empresas Lugo pretende fomentar a educación emprendedora a través da creación de mini empresas e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado. Esta acción desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende e establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa.
As institucións implicadas neste proxecto:
- Coordinación e desenvolvemento do proxecto
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao alumnado, facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes.
- Difusión
“El Progreso” divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.
- Finanzamento
63.876,79 euros aportados pola Fundación Alcoa.
Actuacións programadas
Para cumprir os obxectivos previstos realízase a seguinte proposta de actuacións nos centros educativos da provincia da Lugo:
- Accións de sensibilización da comunidade educativa sobre a importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Accións dirixidas tanto ao alumnado como ao profesorado para alcanzar a sensibilidade necesaria que permita a creación de iniciativas emprendedoras.
- Promocionar a creación de mini empresas entre os estudantes para o desenvolvemento dun produto/servizo, unha estratexia de márketing e venda do produto.
- Actividades de capacitación en habilidades emprendedoras.
- Preparación do alumnado nas competencias e nas actitudes autónomas necesarias que favorezan o emprendemento co fin de capacitar ao alumnado para emprender.
- Accións de formación do profesorado para a sensibilización do alumnado en creación de empresas.
- Formación específica do profesorado para o desenvolvemento e a elaboración de proxectos empresariais, favorecendo a adquisición de competencias emprendedoras no alumnado.
- Actuacións de intercambio de aprendizaxes, experiencias e coñecemento das necesidades da súa contorna socioeconómica, entre o alumnado e empresarios e mozos emprendedores para un maior achegamento entre o mundo educativo e laboral.
- Concurso “Mini empresas” para ou alumnado de 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria.
- Concurso “Mini empresas” de Ciclos de FP, Bacharelato e 3º e 4º da ESO.
- Realización dunha publicación para a sensibilización e a difusión da cultura emprendedora.
Convocatoria Lanzadeiras Lugo
O programa Lanzadeiras Lugo ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado.
Enquisas
- Enquisa inicial do proxecto Mini empresas Lugo (dispoñible só durante o período correspondente)
- Enquisa final do proxecto Mini empresas Lugo (dispoñible só durante o período correspondente)
Materiais
Clausura
O pasado 15 de xuño celebrouse no CIFP Porta da Auga de Ribadeo o acto de clausura do Proxecto Miniempresas Lugo. Neste acto tivo lugar unha feira onde todos os centros participantes no proxecto promocionaron os seus produtos. Os alumnos e alumnas explicaron aos visitantes os obxectivos dos seus proxectos e como viviron a súa experiencia emprendedora.
Neste acto entregáronse os premios do concurso Minimepresas Lugo. Os premiados foron:
- 1º premio: Eco Arume. CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)
- 2º premio: Arte Floral San Rosendo. IES San Rosendo (Mondoñedo)
- 3º premio: Dectogas. S.L. IES Lois Peña Novo (Vilalba)
- Accésit: B&B. CPI Dr. López Suárez (O Saviñao)
- Accésit: Mariñador. CIFP Porta da Auga (Ribadeo)