Atrévete Santiago
O programa Atrévete Santiago, enmarcado dentro do Plan eduemprende, desenvolvese na comarca de Santiago, en colaboración coa Asociación Área Empresarial do Tambre.
A finalidade desta colaboración é pór en marcha un proxecto que impulse o emprendemento na sociedade da comarca de Santiago para o alumnado de sexto curso da educación primaria e de segundo curso da educación secundaria obrigatoria.
Preténdese dar a coñecer ao profesorado e alumnado a zona industrial da comarca de Santiago, as súas empresas e o traballo da Asociación no fomento do emprendemento.
Etiquetas: