O compás

Curso 23/24

Un ano máis, a Fundación María José Jove, en colaboración con ACLAD (Asociación cidadá de loita contra a droga), presenta “O Compás”, actividade gratuíta dirixida a centros educativos de toda Galicia con alumnado entre 11 e 18 anos, que ten como obxectivo sensibilizar en torno ao consumo de drogas e alcol, a través de talleres grupais dirixidos por especialistas na materia.

Esta actividade desenvólvese en horario lectivo na sede da Fundación.

O prazo de inscrición está aberto ata o final do curso, en maio de 2024.

Máis información

Palabras clave: