Ciencia Calidade

Certame de monólogos científicos en galego

As divulgadoras científicas Andrea Muras e Eva Cabanelas, co apoio da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica, organizan a terceira edición de Ciencia Calidade, un concurso de monólogos científicos en lingua galega que ten como obxectivos fomentar a divulgación en galego e contribuír á formación dos divulgadores/as científicos/as que apostan polo noso idioma.

Os monólogos deben ser en galego, ter unha duración de 3 minutos e tratar un tema científico (ciencias puras, ciencias sociais, historia...).

O prazo de inscrición remata o 31 de marzo de 2024. En outubro, os participantes seleccionados terán a oportunidade de asistir a unha xornada de formación. O certame terá lugar o 2 de novembro de 2024 na Domus (A Coruña).

 

 

Palabras clave: