Visitas escolares á colección de arte Fundación María José Jove

Curso 2022/23

Dirixidas a centros educativos de toda Galicia de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e educación especial, as visitas á Colección de Arte Fundación María José Jove teñen como obxectivo achegar os escolares ao universo da arte desde unha perspectiva diferente, como transmisor e comunicador, xerando espíritos críticos e propiciando a capacidade de elección.

En todos os casos, a aproximación á Colección de Arte ten un carácter lúdico e creativo. Deséñase para iso material especializado na temática tratada para cada curso que permite percorrer a Colección de arte a través do xogo.

Ademais, ata finais de 2023, ano conmemorativo da figura de Pablo Ruiz Picasso, ofrece de forma opcional unha visita monográfica sobre o pintor na Colección.

Actividade gratuíta previa inscrición (aberta a partir do día 6 de setembro de 2023) ata agotar as prazas

 

Máis información

 
Palabras clave: