O MUV na escola rural

Museo Virtual curso 23/24

Fomentar a accesibilidade á cultura e, especialmente á arte contemporánea, dos menores do rural galego. Este é o obxectivo principal do “MUV na Escola Rural”, programa de mediación que por terceiro ano consecutivo leva fisicamente o Museo Virtual (MUV) da Fundación María José Jove a escolas rurais de Galicia, contribuíndo a eliminar algúns dos obstáculos aos que estas escolas se enfrontan día a día.

Para o curso 2023-24, serán 8 os centros educativos que poderán participar. A convocatoria está aberta entre os días 26 de setembro e 26 de outubro de 2023.

 

Bases

Palabras clave: