Concurso Quero Cantar

7ª edición

A Deputación da Coruña convoca a sétima edición do Concurso “Quero Cantar”, cuxo obxectivo é fomentar o uso do galego e a creatividade poética e musical entre a poboación infantil e xuvenil de ata 16 anos.

O certame está dirixido a solistas ou grupos musicais, formados por rapaces e rapazas de ata 16 anos, que interpreten unha composición en galego con letra e música orixinais e inéditas. Establécense dúas categorías (infantil e xuvenil), segundo a idade dos participantes.

Os tres primeiros clasificados de cada categoría terán a oportunidade de gravar a súa maqueta nun estudio profesional, e recibirán como agasallo material musical e/ou produtos culturais galegos. Ademais, os primeiros clasificados de cada categoría gravarán un videoclip da canción gañadora e o gañador/a da categoría xuvenil participará tamén nun programa formativo.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 15 de marzo de 2024, ás 14:00 h.

Bases

Palabras clave: