Concurso de literatura infantil e xuvenil

Letras galegas 2023

A EGAP organiza, para honrar as letras galegas, e especialmente este ano 2023 a Francisco Fernández del Riego, o concurso de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias, de temática libre, cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

Poderán optar aos premios os rapaces e rapazas residentes en Galicia de acordo con estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

O prazo de presentación dos traballos remata o 17 de febreiro de 2023.

Máis información