Concurso literario Mazarelos 2023

IX edición

Co obxectivo de fomentar a  creatividade da mocidade universitaria e de desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como para contribuír a descubrir potenciais figuras deste eido da cultura, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca a novena edición do Concurso literario Mazarelos.

O certame está dirixido a  alumnado de grao, mestrado e doutoramento que estea matriculado en calquera titulación da USC, ou ben persoal investigador contratado na USC, en 2023, con cargo a proxectos de I+D ou programas posdoutorais.

O prazo de presentación de orixinais rematará o 30 de setembro de 2023 ás 23.59 horas.

 

Máis información

Palabras clave: