Bolsas Fundación Amancio Ortega
A Fundación Amancio Ortega ten aberta, ata o 27 de setembro, a inscrición para estudar bacharelato en Canadá e os Estados Unidos.
Nesta nova edición do seu programa de axudas, dirixido a estudantes de cuarto da ESO, o programa asignará 70 das 400 bolsas (35 para Canadá e outras tantas para os Estados Unidos) a estudantes de centros educativos de Galicia.
Estas axudas poden solicitarse a través da páxina web onde se atopa toda a información.
Palabras clave: