RedeSTEAM
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_nova/public/portada/actualidad/redesteam.jpg?itok=ATIRhJTM)
O Grupo Rede Eléctrica, coa colaboración da asociación sen ánimo de lucro Power to Code, puxo en marcha a iniciativa RedeSTEAM, un concurso cuxo obxectivo é fomentar entre as mozas de 14 e 15 anos o estudo das disciplinas STEAM: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas e as Artes e Humanidades.
Cada equipo presentará un único proxecto que deberá encaixarse na resolución dun reto para elixir dentro de seguinte lista:
- Reto Eléctrico: deseñar unha proposta baseada na electricidade para acelerar a descarbonización (eficiencia enerxética, enerxías renovables, etc.).
- Reto Telecomunicacións: deseñar unha solución baseada en telecomunicacións e dixitalización que permita axudar a solucionar problemas sociais/ambientais (mellorar o transporte, reciclaxe, etc.)
- Reto Sustentabilidade: deseñar unha solución innovadora para impulsar a sustentabilidade (reducir a pegada de carbono, coñecemento de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, etc.)
Os centros educativos que queiran participar poderán inscribirse ata o 22 de xuño.
Máis información na web.