Premios Aprendizaxe-Servizo 2022

A Rede Española de Aprendizaxe-Servizo e a Fundación Edebé, coa colaboración do Ministerio de Educación e Formación Profesional, convocan a oitava edición dos Premios Aprendizaxe-Servizo 2022. Esta iniciativa premia prácticas que combinan o éxito educativo e o compromiso social; nelas, nenos, nenas, mozos e persoas adultas implícanse en accións destinadas a mellorar a súa contorna á vez que fortalecen coñecementos, habilidades, actitudes e valores: aprenden facendo un servizo á comunidade.

A convocatoria vai dirixida a centros de educación Infantil e primaria, ESO, bacharelato e Formación Profesional e Ocupacional, así como a entidades sociais que estean a desenvolver prácticas de aprendizaxe-servizo. Poden ser proxectos finalizados nos cursos académicos 2020-2021 e 2021-2022.
 

O prazo de presentación de proxectos remata o 30 de setembro 2022.

 

Máis información

 

Palabras clave: