Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

2ª edición

A Coordinadora Galega de ONGD convoca a 2ª Edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto, e realizadas durante os dous últimos cursos escolares: 2020/21 e/ou 2021/22.

Poderán presentarse docentes ou equipos de docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación. Así mesmo, poderán facelo os centros educativos participantes ou gañadores da anterior edición deste premio, sempre que o fagan con proxectos diferentes aos xa presentados.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de outubro de 2022 ás 23:59 horas. As solicitudes deberán presentarse por correo electrónico no enderezo premiogalegoed@galiciasolidaria.org

 

Máis información