Petiscos de ciencia
Concurso de vídeos en galego
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_nova/public/portada/actualidad/petiscos_de_ciencia.jpg?itok=q_PtV1Oq)
Co gallo da celebración este ano do centenario da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, a Comisión de Normalización Lingüística desta facultade, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca o concurso de vídeos “Petiscos de ciencia”.
Destinatarios:
- categoría A: alumnado de ESO, formación profesional e bacharelato.
- categoría B: calquera membro da USC.
Os participantes deben elaborar un vídeo en galego de entre 30 e 90 segundos no que se presenten pílulas sobre calquera tema relacionado coa ciencia. O prazo para a presentación dos traballos remata o 22 de abril de 2022.