Programación educativa
Obra Social de ABANCA
Afundación, a Obra Social de ABANCA, deseñou unha programación de actividades educativas para o curso 2020/21 adaptada á chamada nova normalidade. Trátase dunha programación híbrida, con propostas de perfil virtual e presencial. Desta forma, os/as docentes e estudantes contarán coa posibilidade de asistir in situ a aquelas propostas que se realicen, no caso de que se dean as condicións, de forma presencial, e, á súa vez, de seguilas de forma online, xa que se retransmitirán en streaming a través do novo portal da entidade, Afundación TV.
Toda a información nesta ligazón.
Palabras clave: