Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na FP

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca estes premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O obxecto do certame é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e/ou outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na formación profesional, e o fomento do emprendemento.

Hai dúas modalidades de partcipación:

Modalidade A: Innovación tecnolóxica ou científica.

Modalidade B: Didáctica.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de xaneiro de 2020.

Acceso á Resolución

Palabras clave: