Cursos de Formación en Rede para o profesorado

Convocatoria 2019 - 1ª edición

O MInisterio de Educación y Formación Profesional presenta unha convocatoria de prazas en concorrencia competitiva para a realización de cursos de formación en rede para a formación permanente do profesorado que exerce en niveis anteriores ao universitario, en centros sostidos con fondos públicos.

Esta convocatoria vén regulada pola Resolución do 21 de novembro de 2018, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan prazas para a realización de cursos de formación en rede para a formación permanente do profesorado que exerce en niveis anteriores ao universitario e do curso de formación sobre o desenvolvemento da Función Directiva. Ano 2019.

O prazo de presentación o solicitudes remata o 29 de xaneiro de 2019.

Pódense consultar os programas dos distintos cursos que se ofertarán e toda a documentación ao respecto na seguinte ligazón.

Palabras clave: