XIV Olimpíada de Bioloxía

Fase Autonómica Galega

A Asociación Olimpíada Española de Bioloxía (OEB) convoca a fase autonómica galega da XIV Olimpíada de Bioloxía. Poderán participar todos os estudantes que estean matriculados na asignatura de Bioloxía no 2º curso de Bacharelato durante o curso 2018/19, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados.

A Fase Galega celebrarase o 18 de xaneiro de 2019 na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Os interesados en participar solicitarano por escrito, cumprimentando integramente o Formulario de Inscrición que atoparán nas páxinas web http://olimpiadadebiologia.edu.es/la-competicion/fase-autonomica/galicia/  ou http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html

O prazo de inscrición remata o venres 16 de novembro de 2018.

BASES

Palabras clave: