Fundación Pública Galega Camilo José Cela

Programación educativa para o curso 2018/19

No ano 2018 o Museo Camilo José Cela inaugurou un novo percorrido museográfico, cronolóxico e moito máis visual, que permite coñecer desde múltiples perspectivas a vida e a obra do premio Nobel galego.
Acompañando a vista ao Museo, a Fundación mantén a súa programación educativa habitual: valixas didácticas, talleres para escolares e docentes, visitas dinamizadas, múltiples recursos a través da rede e un longo etc.; actuacións todas elas co obxectivo de dar a coñecer dunha maneira lúdica a Camilo José Cela e o legado que nos deixou na súa aldea natal de Iria Flavia.
Dende Infantil a Bacharelato, e tendo sempre como punto de partida a figura do escritor, quérese prestar tamén especial atención a todo o relacionado coa linguaxe e a creación literaria, sen obviar as súas relacións con outras áreas específicas do currículo escolar.
Todas estas actividades son gratuítas, con reserva previa en calquera dos puntos de contacto da Fundación.

Programación

Máis información

Palabras clave: