Certame de relatos científicos Inspiraciencia 2018

VIII edición

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca a oitava edición do certame de relatos literarios de inspiración científica Inspiraciencia, co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. O obxectivo de Inspiraciencia é fomentar a creación literaria como forma libre e persoal de achegamento ao pensamento científico e de explorar realidades antes non imaxinadas.

Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal, en calquera das linguas do concurso (catalán, castelán, eúscaro e galego), que estea inspirado nunha temática científica, cunha extensión máxima de 800 palabras.

O prazo de presentación de relatos pecharase o 17 de maio de 2018.

Toda a información