XIV Concurso mellor xornalista infantil e xuvenil

Curso 2016/17

Este concurso, convocado por La Voz de Galicia, busca que o alumnado se familiarice coa lectura e o manexo do xornal e desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción, baseándose en informacións publicadas na edición impresa ou dixital (Mellor Xornalista Infantil) ou mediante traballos orixinais de elaboración propia (Mellor Xornalista Xuvenil).

Vai dirixido a todo o alumnado galego de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de FP. En ambas as categorías os profesores deberán coordinar e revisar o traballo dos alumnos, ademais de orientalos na súa elaboración. Avaliarase o interese dos traballos, o estilo xornalístico, a corrección gramatical e a presentación da páxina. Os traballos poderán presentarse en castelán ou galego.

O prazo de presentación remata o 30 de abril de 2017.

BASES

Palabras clave: