World Biotech Tour

Festival internacional de biotecnoloxía

O World Biotech Tour é unha iniciativa internacional da Fundación Biogen, co respaldo da ASTC (Asociación de Centros de Ciencia e Tecnoloxía con sede en Washington DC), que ten como obxectivo divulgar temas relacionados coa biotecnoloxía en museos e centros de ciencia. A Domus da Coruña é un dos cinco centros de ciencia seleccionados en todo o mundo para desenvolver as actividades deste proxecto en 2017.

O festival ten como eixo central as presentacións ao público dos e das embaixadoras, trece alumnos e alumnas de cinco institutos galegos que traballaron con diversos proxectos de biotecnoloxía coa colaboración de empresas e entidades relacionadas con este ámbito científico. Os centros escolares participantes son o IES Agra do Orzán (A Coruña), IES de Pastoriza (Arteixo), IES David Buján (Cambre), IES As Telleiras (Narón) e CPI dous Dices (Rois). Un xurado valorará na xornada do sábado as presentacións e elixirá unha para representar á Domus no Cume Mundial de Centros e Museos de Ciencia que terá lugar en Xapón en novembro de 2017. O ditame do traballo gañador darase a coñecer nun acto que terá lugar o mesmo sábado 30 de setembro ás 18 horas.

Ademais, o sábado 30 haberá moitas outras actividades na Domus nas que poderá participar o público:

  • LAB IN A BOX. Talleres para experimentar coa biotecnoloxía.
  • COÑECE A UN CIENTÍFICO. Persoal científico do INHIBIC, CICA e empresas biotecnolóxicas contarán os seus proxectos en marcha.
  • GRAFFITTI-BIOTEC. Un taller que une ciencia e arte.
  • CAZA DO TESOURO. Xincana na que o público participante deberá descubrir pistas ocultas no museo.
  • ESPECTÁCULO DE CIENCIA. A biotecnoloxía en clave de show.
  • CAFÉ CIENTÍFICO. Un café-faladoiro no que o público poderá coñecer como a biotecnoloxía forma parte da súa vida.
Palabras clave: