Voz Natura

Curso de divulgación de proxectos ambientais

Deseñar un bo proxecto ambiental e darlle o eco que se merece non é doado. E pensando en facilitar esta tarefa aos preto de 3.400 docentes implicados este curso 2017/18 en Voz Natura, o programa de educación na defensa e recuperación da natureza de Galicia posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, impulsa un novo curso co que aprender a dominar as claves e ferramentas para desenvolver e divulgar as iniciativas que desenvolven nos centros.

As clases impartiranse os días 15, 16, 22 e 23 de novembro, de 18.30 a 21.00h. nas instalacións da Rede de Aulas Cemit en Vigo. Neste seminario poderán mellorar as competencias para o deseño, xestión, avaliación e difusión de proxectos ambientais, así como aprender exemplos e pautas para a elaboración da memoria final.

Esta iniciativa, gratuíta e homologable pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, terá unha duración total de dez horas e unha orientación eminentemente práctica e participativa, con exemplos e modelos reais aplicables aos propios centros, desde a elaboración dun cronograma a tácticas para implicar e motivar os alumnos. Deste xeito, os asistentes poderán achegarse durante catro xornadas ás ferramentas que existen para planificar actividades e recursos ou traballos nas redes sociais e na comunidade educativa.

O prazo de inscrición está xa aberto e as prazas son limitadas.

Máis información

Palabras clave: