Premios a proxectos de innovación na FP

Convocatoria 2018

Os continuos e rápidos avances tecnolóxicos que se están a dar na sociedade e no mercado laboral esixen unha formación profesional en permanente evolución, integradora de novas ideas e tendencias e con capacidade para adaptarse as cambiantes necesidades do mundo produtivo. É por iso que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende impulsar a aparición de iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da formación profesional, entre outras accións, mediante a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica, científica ou didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da consellería.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de xaneiro de 2018.

Toda a información

Palabras clave: