Premios Miguel Hernández

Edición 2017

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca a edición 2017 dos premios "Miguel Hernández". Este certame ten por obxecto recoñecer e divulgar o labor realizado por aquelas institucións públicas, entidades privadas sen ánimo de lucro e centros públicos de educación de persoas adultas de todo o Estado que se distingan pola súa aportación eficaz á aprendizaxe ao longo da vida das persoas adultas, así como por:

  • ofrecer unha educación e formación permanente innovadora de calidade ás persoas adultas.
  • a súa achega eficaz nas diferentes formas de alfabetización.
  • favorecer o acceso á educación e á formación dos grupos socialmente desfavorecidos e en situación de vulnerabilidade.
  • contribuír ao desenvolvemento das competencias clave.

Poderán concorrer a estes premios institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, de todo o Estado, e centros públicos de educación de persoas adultas que se destacaron polas actuacións anteriormente mencionadas.

O prazo de solicitudes finalizará o 28 de abril de 2017.

Acceso á convocatoria no BOE

Palabras clave: